InicioSociedadeXa hai resultados do cribado masivo no Ifevi: 24 positivos de 21.000...

Xa hai resultados do cribado masivo no Ifevi: 24 positivos de 21.000 probas

Houbo o 61,2 por cento de participación dos 34.252 citados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cribado poboacional realizado no Ifevi de Vigo desde o pasado venres para detectar casos de Covid-19 concluíu con 24 positivos e un 61,2 por cento de participación dos 34.252 citados, o que supón que acudiron a realizar a proba 20.970 persoas.

Así o confirmaron este xoves por parte de Área Sanitaria de Vigo, que indicou que entre o venres e o domingo detectáronse 11 positivos; o luns, outro catro; o martes, catro máis; e o mércores cinco, o que elevan a 24 os positivos.

Aínda que inicialmente neste cribado estaban citadas unhas 27.000 persoas de Vigo, finalmente foron chamadas máis de 32.200 dada a baixa participación rexistrada na tarde do venres –cando comezou–, cun 56%, e á constatación da capacidade do operativo deseñado para asumir máis poboación. Por iso, o mércores pasado foron citadas unhas 2.400 persoas do municipio de Salvaterra de Miño e unhas 3.000 da localidade pontevedresa de Ponteareas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...