InicioSociedadeDetectan 11 positivos entre as 8.500 persoas que se fixeron os test...

Detectan 11 positivos entre as 8.500 persoas que se fixeron os test en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As probas con test de antíxenos realizadas en Vigo este fin de semana, e que se enmarcan nun cribado masivo nesta área sanitaria, detectaron 11 casos positivos de COVID-19, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Así, a área sanitaria iniciou o pasado venres un cribado para o que se van a citar a unhas 27.000 persoas (cinco mil máis das inicialmente previstas), que deberán acudir ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) a someterse ao test de antíxenos.

Entre o venres e o domingo estaban citadas 13.805 persoas, das que acudiron ao Ifevi case 8.500 (un 61,5 %). Entre os que acudiron detectáronse 11 positivos e, segundo lembrou Sanidade, as probas continuarán ata este mércores.

Este cribado está a levarse a cabo mediante probas de antíxenos, que se realizan tomando mostras nasofarínxeas e que permiten obter os resultados nun tempo curto, duns 15 ou 20 minutos, de maneira que as persoas que dan positivo son informadas xa nese momento, e dánselles as indicacións pertinentes.

Segundo os datos comunicados este luns polo Sergas, a área sanitaria de Vigo conta cun total de 3.798 casos activos de COVID-19, dos que 24 son pacientes ingresados en UCI e 166 ‘en planta’.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...