InicioSociedadeO Sergas espera 22.000 personas no cribado en Vigo para detectar positivos...

O Sergas espera 22.000 personas no cribado en Vigo para detectar positivos de covid-19

As probas están a realizarse no Ifevi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, A Coruña e Santiago son o escenario esta fin de semana dos principais cribados organizados polo Sergas para detectar novos positivos de COVID-19 entre a poboación e nos que están a participar centos de persoas.

Ademais destes puntos, están en marcha outros dispositivos de cribado en punto como Poio, Betanzos, Silleda, O Carballiño ou en Sarria, entre outros concellos.

Un total de 22.000 persoas foron citadas en Vigo para o cribado poboacional masivo, no Instituto Feiral da cidade (Ifevi).

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, desprazouse este sábado ata o recinto feiral para supervisar o traballo e onde agradeceu aos voluntarios o papel que están a desenvolver na área Sanitaria de Vigo.

As probas realizaranse ata o mércores da semana seguinte e están a cargo dun equipo composto por uns 20 profesionais de enfermaría para a toma de mostras.

A área sanitaria de Pontevedra tamén informou de que os traballos de cribado realizados en Forcarei en días previos permitiron detectar 15 casos positivos de COVID-19. En total, efectuáronse un total de 1.223 probas ás que estaban convocadas máis de 2.000 persoas.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...