InicioSociedadeFeijóo non descarta acudir ao modelo público-privado do Cunqueiro para facer novos...

Feijóo non descarta acudir ao modelo público-privado do Cunqueiro para facer novos hospitais

Descarga as responsabilidades de poñer en marcha ese sistema da "privatización" da sanidade no goberno de Zapatero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai dez anos o Goberno galego botaba man dos cartos de concesionarias privadas para realizar o hospital Álvaro Cunqueiro. Esas grandes construtoras, Acciona e Puentes y Calzadas, adiantaron 300 dos 1.000 millóns de euros que custou ese complexo hospitalario. A cambio, a Xunta cedendolles a estas concesionarias toda a xestión dos servizos non clínicos como o aparcamento e recibir tamén un canon anual con xuros por parte da Xunta ata 2035. Un modelo de concesión privada que Alberto Núñez Feijóo estaría disposto a repetir.

Agora, no 2021, o presidente galego anuncia un novo gran hospital na Coruña semellante ao vigués. Un novo hospital que custará 430 millóns de euros –orixinalmente o de Vigo fora orzamentado en 450 e acabou tendo un sobrecuste de máis de 1.000 millóns– que serán sufragados íntegramente polo Goberno galego. O modelo vigués non será aplicado neste caso. 

Por iso, Galicia Confidencial preguntoulle ao presidente galego se ten pensado retomar ese modelo de concesión público-privada no futuro. A súa resposta foi contundente; “se hai necesidade, tamén o faríamos”. “Neste momento temos capacidade de déficit e non imos ir a ese sistema, pero se o Estado nolo permite e temos necesidade de facelo, volveriamos a facelo outra vez”, dixo.

Na súa resposta, Feijóo cargou as responsabilidades do acontecido en Vigo no Goberno español de entón, o do socialista José Luis Rodríguez Zapatero, xa que foi o que lle permitiu facer a operación. “Co de Vigo fomos ao Goberno de España e lle trasladamos a dificultade, no ano 2010, 2011… Foi a Intervención do Estado do presidente Zapatero a que nos dixo que a única solución que había era o financiamento público-privado”, indicou.

A PRIVATIZACIÓN DO HOSPITAL VIGUÉS

O caso do Álvaro Cunqueiro provocou numerosas críticas, tanto polo xeito de proceder da Xunta como pola cesión económica ás constructoras. De feito, e tras unha sentenza  do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Goberno galego está obrigado a pagar durante 20 anos un canon de 75 millóns de euros anuais porque un erro de cálculo forzou un incremento de case tres millóns anuais na factura. A Xunta aplicaba un IVE reducido do 10%, pero Facenda corrixiu o imposto ao 21% e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulle a razón.

A concesionaria Novo Hospital de Vigo (NHG) estivo pilotada pola maioritaria Acciona e por Puentes, que exerce a presidencia, pero a primeira delas vendeulle a súa parte, un 43%, ao fondo de investimento francés Meridiam. Outro dos accionistas orixinais, Concessia, traspasou en 2019 o seu 17% a unha sociedade do fondo River Rock con sede en Luxemburgo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...