InicioSociedade22.000 vigueses chamados a un cribado masivo no Ifevi

22.000 vigueses chamados a un cribado masivo no Ifevi

Será con test de antíxenos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas citará a un total de 22.000 persoas do Concello de Vigo nos próximos días para a realización dun cribado poboacional masivo con test de antígenos, que se fará no Instituto Feiral da cidade (Ifevi).

Segundo informaron fontes de Sanidade, as probas realizaranse desde a tarde do venres e ata o mércores da semana seguinte nas instalacións do recinto feiral, onde se desprazará un equipo composto por uns 20 profesionais de enfermaría para a toma de mostras.

As mesmas fontes xustificaron que, na actual situación de pandemia “e de transmisión comunitaria”, é necesario “pór en marcha todos aqueles métodos de detección que permitan identificar o maior número de casos de infección activos na poboación”.

Neste momento a área sanitaria está a realizar a detección de COVID-19 mediante probas de PCR a persoas que son citadas nos puntos ‘covid-auto’ da cidade, seleccionadas de entre a poboación adscrita a diferentes centros de saúde vigueses. No entanto, a dispoñibilidade de test de antíxenos permitirá ampliar a porcentaxe de persoas cribadas.

O test de antíxenos realízase mediante a toma de mostras nasofarínxeas que son analizadas no mesmo punto da atención sanitaria e permiten obter un diagnóstico en 15 ou 20 minutos. De feito, o resultado comunícase ás persoas testadas no mesmo momento e, se é positivo, dánselle as indicacións sanitarias pertinentes.

A participación nas probas é voluntaria e, neste caso, seleccionarase a persoas entre 20 e 60 anos, ás que se avisará mediante o sistema de avisos ‘Lembra’ do Sergas. Para participar, ademais de estar nesa franxa de idade e ter ese sistema de avisos, non poderán realizarse unha proba PCR nas dúas semanas previas á cita.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...