InicioSociedadeO Hospital de Viana nega o traslado de pacientes covid a Vigo

O Hospital de Viana nega o traslado de pacientes covid a Vigo

O hospital desminte a información e apunta que están a ser capaces de "responder ás necesidades de coidados intensivos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cruce de información contraditoria a respecto do traslado de pacientes covid de Portugal a Galicia. Horas despois de que a ministra de Saúde lusa anunciara que o Executivo portugués estaba a ponderar o traslado de enfermos covid ante as dificultades do seu sistema sanitario para dar abasto, La Voz de Galicia publicada unha información anunciando que Portugal estudaba “enviar os seus enfermos de UCIs de Viana do Castelo ao hospital de Vigo”.

O diario dos Fernández-Latorre aseguraba na información que, aínda que o Goberno luso “non confirmaba oficialmente” o traslado, o protocolo para desenvolvelo xa comezara. Menos de 24 horas pasaron antes de que a noticia de La Voz fora contradita polas autoridades sanitarias do propio hospital de Viana do Castelo do que, supostamente, terían que saír os pacientes camiño de Vigo.

“Logo de saír ao público unha noticia acerca da posibilidade de transferencia de doentes do Hospital de Viana do Castelo para Vigo, o Consello de Administración esclarece que non ten coñecemento oficial da situación relatada”, apuntaron cargos do centro hospitalaria nunha comunicación oficial.

“Ata o momento”, proseguen, “a Unidade Local de Saúde do Alto Minho foi capaz de responder ás necesidades de coidados intensivos dos doentes críticos, sen que fora necesario transferir doentes que esixen tal nivel de coidados”, engaden; desmentindo así a información antes apuntada.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...