InicioSociedadeO Sergas continuará con Vigo e Lugo como "hospitais de apoio" para...

O Sergas continuará con Vigo e Lugo como “hospitais de apoio” para toda Galicia antes que recorrer aos de campaña

Feijóo di que a "estratexia" por agora é "rotar" os pacientes pola rede de centros públicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) non prevé “de momento” despregar hospitais de campaña para atender a enfermos de covid-19, xa que continuará cos complexos de Vigo e Lugo como “hospitais de apoio” para o resto de áreas sanitarias.

Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste luns, na que anunciou medidas máis duras para loitar contra a pandemia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a “estratexia” por agora é “rotar” os pacientes pola rede de centros públicos.

“Temos hospitais, desde o punto de vista sanitario, cun nivel aceptable tanto de ocupación de UCI como de camas covid”, asegurou o máximo mandatario autonómico, quen por iso dixo que cos centros de Vigo e Lugo pódese “beneficiar a aqueles que teñan un nivel de saturación maior”.

Neste sentido, Feijóo insistiu en que “de momento” non hai previsto despregar hospitais de campaña, pero si recoñeceu que, como “caso último”, o Sergas xa ten “perfectamente medido” como facelo. “Sobre todo na Coruña e, secundariamente, en Santiago”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...