InicioSociedadeTres persoas diagnosticadas de Covid falecen no CHUVI

Tres persoas diagnosticadas de Covid falecen no CHUVI

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar o falecemento doutras nove persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Galicia supera xa a barreira das 1.600 mortes dende o inicio da pandemia. 

Tres das nove mortes rexistráronse na área de Vigo: unha muller de 83 anos e dous homes de 59 e 84. Todos eles finaron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Outras dúas vítimas faleceron no Hospital de Ferrol (CHUF). Tratábase dun home de 75 anos e outro de 86. 

O hospital da Coruña (CHUAC) e o de Pontevedra (CHOP) rexistraron cadanseu falecemento: o dun home de 57 anos e o dunha muller de 70 anos. 

Pola súa parte, a área de Lugo suma dúas vítimas máis. Unha muller de 83 anos procedente dun asilo de Ribadeo, que faleceu no Hospital da Mariña; e outro de 86 anos que finou no Hospital de Monforte.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...