InicioSociedadeDetectados 13 positivos no cribado en Bueu

Detectados 13 positivos no cribado en Bueu

Había 9.915 persoas maiores de 15 anos citadas, das que acudiron 7.190.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cribados preventivos efectuados o pasado fin de semana en Bueu + arroxaron un total de 13 positivos, segundo informa a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Sobre un censo de 9.915 persoas maiores de 15 anos, recolléronse un total de 7.190 mostras de saliva e nasofarínxeas. A participación foi do 72,5% da poboación convocada voluntariamente.

No grupo poboacional de entre os 15 e os 69 anos –que alcanza nesta localidade a 8.167 persoas– recolléronse un total de 5.963 mostras de saliva, mentres que entre o colectivo de 1.748 persoas con 70 e máis anos de idade, acumulou 1.227 mostras nasofarínxeas.

Das mostras do primeiro grupo de persoas dentre 15 a 69 anos obtivéronse un total de dez positivos por COVID. No segundo grupo detectáronse outras tres mostras, mentres que continúan outras tres en estudo, “pendentes de notificación de resultado por parte do servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía Clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...