InicioSociedadeTui traslada o seu apoio á residencia do concello, que suma 65...

Tui traslada o seu apoio á residencia do concello, que suma 65 contaxiados

O Concello defendeu o "estrito" cumprimento dos protocolos establecidos, "sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A corporación local de Tui valorou o traballo realizado na residencia Paz y Bien, que suma 65 usuarios e 16 traballadores contaxiados por COVID-19 e á que mostrou o seu apoio.

Segundo trasladaron fontes do Concello, nunha reunión mantida este mércores, a xunta de portavoces acordou trasladar de modo público o apoio da corporación municipal ao traballo realizado no centro, que a Xunta decidiu intervir este martes.

“Desde o Concello somos coñecedores do gran traballo realizado nesta residencia tudense, que, desde o inicio da pandemia no mes de marzo do ano pasado, levou a cabo un labor excepcional con gran profesionalidade e mimo, coidando ata o máis mínimo detalle para evitar a propagación do virus”, afirmaron os edís.

Neste sentido, os concelleiros da corporación destacaron o “estrito” cumprimento dos protocolos establecidos, “sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias da mesma”.

Ante unha situación na que “o virus golpeou con dureza á residencia”, a corporación municipal púxose á súa disposición “para todo aquilo que puidese precisar”, como lembrou que se fixo desde que se tivo coñecemento do brote.

Nesta liña, trasladou o seu recoñecemento ao seu traballo e confiou na rápida superación desta situación. O Concello de Tui estendeu tamén este recoñecemento ao traballo realizado noutras residencias tudenses durante a pandemia.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...