InicioSociedadeA covid deixa un novo falecido en Povisa

A covid deixa un novo falecido en Povisa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistrou outro cinco falecementos relacionados coa pandemia de covid-19, que ata o momento deixa un balance de 1.414 vítimas mortais, un deles, en Vigo.

Segundo informaron este domingo as autoridades sanitarias, nas últimas horas perderon a vida cinco persoas diagnosticadas con coronavirus. Todas tiñan patoloxías previas.

Unha delas, unha muller de 93 anos de idade, faleceu na Residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña; mentres que os catro óbitos restantes producíronse en hospitais.

No CHUS de Santiago déronse tres destas mortes: un home de 94 anos e dúas mulleres de 91 e 86 anos, respectivamente. A última das vítimas, un home de 87 anos, foi no hospital Povisa de Vigo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...