InicioSociedadeAlba Rodríguez, neofalante viguesa: "E por que non comezar o ano botándote...

Alba Rodríguez, neofalante viguesa: “E por que non comezar o ano botándote a falar galego?”

Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán polo galego, e algunhas fixérono mesmo como propósito de aninovo. Ás que veñen detrás, non dubidan en darlles azos: "Falar galego abre un mundo novo por explorar e desfrutar, e sempre trae moitas sorpresas!".

PUBLICADO O

- Advertisement -

E que tal se nos botamos a falar galego – ou, polo menos, máis galego – como propósito de cara ao ano que entra? “Para min foi un acerto seguro!”, fala Alba Rodríguez, unha moza viguesa que vai cumprir dous anos como neofalante. “Agora que está a piques de vir un novo ano e despois deste desastre de 2020… Por que non comezar cun idioma marabilloso coma este?”. Sábese ben que aquilo que un adoita propoñerse dun ano para outro, ás veces, cae en saco roto, pero se es desas persoas que anda indecisa ou que está a puntiño de dar o paso, pode resultar unha boa técnica inaugurar o 2021 falando galego. A Noelia Nores tamén lle funcionou. Coa chegada do 2020, decidiu que a súa lingua habitual había ser o galego. O proceso foi gradual, paso a paso, ata que a finais do verán, en canto regresou de Moaña ao seu piso de estudantes en Compostela, deu a zancada definitiva.

Mudar de lingua, un elemento tan importante e definitorio nas nosas vidas cotiás, non é tarefa fácil, sobre todo porque resulta habitual “atoparte na situación de verte obrigado a explicar por que cambias ao galego se ‘co castelán chegas a moita máis xente‘”, conta Iago Fraga. Estoutro rapaz é máis veterano no asunto, deu o paso con 17 anos e leva xa 14 como galegofalante. El andou o camiño que desandaron os seus pais, que cambiaron do galego ao castelán cando se instalaron na Coruña. “A miña nai dábanlle na boca por falar galego cando era cativa…”, relata.  Na adolescencia comezou a ser consciente de que no seu entorno castelanfalante “había unha incoherencia” e, daquela, dixo: “Imos facelo de golpe!”. Hoxe, coa perspectiva de todos estes anos ao lombo, asegura que mudar ao galego “é unha experiencia de crecemento persoal incrible“. “Aínda sigo aprendendo cousas que me sorprenden”.

No ámbito da sociolingüística definen esta etapa presente coma o “tempo do neofalantismo”, un fenómemo que cada vez colle máis azos entre a mocidade e que chegará ao seu fin en canto estas novas persoas galegofalantes transmitan a lingua galega á súa descendencia. Ata que iso aconteza de forma trascendente pasarán moitos anos, así que polo de agora, a experiencia máis habitual é a de quen se embarcou no camiño do galego por unha chea de motivos e de moi diversas maneiras. Iso si, sexa como for, aseguran que paga a pena.

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...

Abel Caballero asegura que pedirá a Sánchez adiantar os prazos do AVE Vigo-Oporto, porque seguirá “defendendo a Vigo contra quen faga falta”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, botou en cara ao xefe do Executivo central, Pedro...

Detidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de Teis, facéndose con material por valor de 21.000 euros

A Policía Nacional detivo en Vigo aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa...

Ciencia en galego, Youtubeiros científicos e os perigos das Fakenews no ciclo ‘Ciencia de ida e volta’

Coa celebración do Día da Ciencia en Galego e dos días mundiais da Vida Silvestre,...