O proxecto forma parte dun proxecto coordinado co FIEB para a búsqueda de novos hábitats para especies en situación de risco de extinción.
Segundo indican nun informe preliminar, Galicia cumpriría cos requisitos iniciais para a introducción desta especie, aínda que existen outros factores que determinarían o seu arraigo na comunidade.
O proxecto xurdiu logo de que en xullo de 2018 científicos australianos conseguisen secuenciar o xenoma deste marsupial, abrindo posibilidades para o estudo e conservación desta especie.
Na procura dun hábitat en Galicia
Dende o CSIC sinalan que o punto máis importante de partida é a creación dun hábitat idóneo para os koalas. “Unha poboación de koalas só se sostén se se mantén un hábitat adecuado para eles. Os dous factores necesarios para que se cumpran son por un lado a presenza de especies arboreas como fonte de alimento e a presenza doutros koalas.”
As investigacións preliminares demostran que só sería posible unha poboación socialmente estable cando existisen tres especies de árbores primarias (só aliméntanse dunhas determinadas variedades de eucalipto).
No caso de que haxa unha ou dúas especies de árbores “foráneas” a poboación de koalas non sería viable.
As últimas investigacións deixaron claro que a selección de especies por parte dos koalas inflúe na estrutura social da poboación e no mantemento da disposición habitacional individual dentro da poboación. “Un mellor entendemento do comportamento dos koalas é un factor importante para identificar os hábitats máis adecuados. O plan para a futura protección e administración do seu hábitat necesita ter en conta estes factores.”
Os koalas, do mesmo xeito que os humanos, viven en sociedade, de modo que necesitan estar en contacto con outros koalas. Por esta razón necesitan ter áreas adecuadas con cantidade suficiente de eucaliptos de especies preferidas, suficientemente amplas como para soster unha poboación saudable e que permita o desenvolvemento e expansión dos máis novos.
O ecupalipto galego
Estímase que o eucalipto fixo a súa aparición en España no norte da provincia da Coruña cara a 1850.
As variedades glóbulus e nitens son as que máis predominan en Galicia pero non serían suficientes para os koalas que degustan e saben apreciar ata cincuenta especies distintas de variedades de eucalipto.
Dende o CSIC apuntan que sería preciso introducir unha terceira variedade de euclipto en Galicia para consolidar estes habítats. “O Eucalyptus gunnii sería un dos posibles candidatos xa que teñen un tamaño medio. A planta produce unha savia similar ao sirope de arce e incluso fermentado pode producirse sidra. O gando tamén saborea e acepta o follaxe desta variedade ornamental”
O apoio da Xunta ao eucalipto
A Xunta de Galicia vén de anunciar o seu apoio á multinacional Inditex para poñer en marcha unha fábrica de roupa a partir de fibras téxtiles que substitúan as sintéticas, coa dotación de fondos europeos de recuperación Next Generation para a produción de viscosa.
Segundo datos da propia Xunta, máis do 60% da madeira que se produce en Galicia é de eucalipto, unha especie que, a pesar de estar cualificada como exótica e invasora polo Comité Científico do Ministerio de Transición Ecolóxica, xa supera a día de hoxe o medio millón de hectáreas ocupadas no territorio. Con todo, a Xunta segue “presentando a proliferación do monocultivo de eucalipto como liña “estratéxica” para o desenvolvemento futuro do país, alternativa para a saída da crise e, como instrumento de loita contra o cambio climático”.
Os lumes, unha ameaza tamén en Galicia
Do mesmo xeito que acontece en Australia, os lumes tamén están presentes en Galicia pero non para ben.
En Galicia existe un grave problema social que segue sen ser resolvido. Os montes galegos non arden sós. En concreto, en Galicia a taxa de intencionalidade elévase ata o 80% dos incendios, fronte ao 55% a escala nacional, cunha moi arraigada cultura do lume no medio rural e a existencia de graves conflitos sociais e económicos que continúan sen ser resoltos desde hai décadas.
“Cada pocos años se dan las condiciones meteorológicas perfectas para que se produzca una crisis incendiaria inabordable, que pone en serio peligro a la población. Estas crisis cada vez serán más frecuentes y peligrosas debido a los efectos del cambio climático y dejarán una profunda huella en las comarcas donde se producen” sinala Diana Colomina, responsable de Bosques de WWF.