InicioSociedadeUn "Café con Europa" en Ponteareas polas oportunidades dos máis novos: Interraíl,...

Un “Café con Europa” en Ponteareas polas oportunidades dos máis novos: Interraíl, Erasmus, becas…

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ponteareas acollerá o vindeiro día 4 de xullo as xornadas informativas da Unión Europea, converténdose nunha das tres vilas que as institucións da Unión Europea elexiron para impartir o ciclo de diálogos coa mocidade “Cafés con Europa”.

O obxectivo é informar á mocidade sobre as posibilidades que teñen de percorrer o continente e aproveitar todas as oportunidades que lles ofrecen:viaxes en Interraíl, nos que cada ano participan máis de 15.000 mozos europeos; Erasmus (non só para universitarios), becas deportivas…

No encontro, que se celebrará o vindeiro 4 de xullo ás 17:00 nos xardíns da Xiralda, detrás do concello, a Unión Europea e o Concello de Ponteareas convidarán á mocidade a un “café” e arredor del poderán formular as preguntas e as inquedanzas que precisen resolver. A inscrición debe formalizarse nesta seguinte ligazón web.

A iniciativa completarase cun debate sobre o futuro europeo que se celebrará no salón de plenos ás 20:30 horas aberto a toda a cidadanía e colectivos veciñais, sociais, culturais, medioambientais, empresariais e comerciais, trala inscripción correspondente.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, adianta que é “unha boa oportunidade para coñecer todos os apoios que se nos ofrecen”, e amosa a súa satisfacción pola decisión de Europa de recalar en Ponteareas.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...