InicioSociedadeContinúan os cribados en Bueu polo ascenso dos contaxios

Continúan os cribados en Bueu polo ascenso dos contaxios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) continuará coa planificación de cribados preventivos por PCR nos próximos días ás poboacións da Illa de Arousa, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Bueu –pertencentes á área sanitaria de Pontevedra-O Salnés–, tras experimentar un aumento nos contagios por covid-19.

Por este motivo, o Sergas pediu a colaboración dos concellos para realizar estas probas aos colectivos que presentan unha incidencia acumulada elevada. Segundo explicou a área Sanitaria nun comunicado, “a finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contagios”.

Tal e como indicou o Sergas nun comunicado, realizaranse probas preventivas con PCR ao sector da hostalaría do Concello de Bueu o próximo 28 de decembro.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...