InicioSociedadeMorren dúas persoas por Covid en Povisa

Morren dúas persoas por Covid en Povisa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade sumou cinco novos falecementos relacionados coa pandemia do coronavirus en Galicia, que elevan o cómputo global a 1.346. Dous deles faleceron en Vigo

Destsas cinco vítimas rexistradas nas últimas horas, dúas delas ocorreron na residencia Asilo Vilalba. En concreto, morreron neste centro dous homes de 82 e 65 anos que estaban diagnosticados de covid-19.

Ademais, o Hospital Povisa notificou o falecemento doutros dous varóns, de 75 e 92 anos, que permanecían ingresados con coronavirus. A estes hai que sumar a morte dun home de 64 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Todos eles contaban con patoloxías previas, segundo precisou a Consellería de Sanidade.

Os cinco mortos rexistrados este luns en hospitais galegos supoñen dous máis que os tres notificados na tarde do domingo e tres máis que os dous do sábado, que precisamente foi a cifra máis baixa desde o 28 de novembro.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...