InicioSociedadeA área de Vigo rexistra un falecemento por Covid

A área de Vigo rexistra un falecemento por Covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sete persoas morreron este domingo diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.319 falecementos desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade. Unha delas, unha muller de 82 anos no Centro Hospitalario de Vigo.

Tamén un home de 91 anos, faleceu no CHOP de Pontevedra e procedía da residencia Soremay desa cidade. Outros dous homes de 82 e 69 anos morreron no CHUAC da Coruña e outro home de 77 anos no Hospital de Ourense.  Tamén o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago rexistrou un home falecido de 80 anos e o Hospital Lucus Augusti de Lugo, outro home de 79 anos. Todos eles tiñan patoloxías previas. 

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...