InicioSociedadeUn proxecto para inspeccionar estruturas con drones gaña a fase galega do...

Un proxecto para inspeccionar estruturas con drones gaña a fase galega do Galileo Masters

A proposta deriva dunha tese de doutoramento desenvolvida na UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un proxecto para inspeccionar estruturas con drones desenvolvido na Universidade de Vigo (UVigo) foi o gañador da fase rexional galega do concurso internacional de innovación Galileo Masters.

O xurado dos coñecidos como os “Óscar do espazo” considerou que a idea de negocio da iniciativa denominada Contact-Drone, baseada nos servizos do satélite europeo Galileo, amplía a aplicación das tecnoloxías de navegación á construción e promoverá novos empregos de alto valor engadido, segundo trasladou a universidade.

O proxecto xurdiu fai tres anos derivado da tese de doutoramento de Luís Miguel González de Santos e contou coa participación do docente e investigador da UVigo Joaquín Martínez Sánchez.

A este respecto, o docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo valorou o galardón recibido por esta iniciativa como “un reconocimienro ao traballo realizado no últimos cinco anos en temáticas como os sistemas de navegación e os vehículos aéreos non tripulados“.

Nesta liña, explicou que supón unha “nova aproximación á inspección de infraestruturas con drones”. Así, indicou que “permite realizar inspeccións de grandes estruturas dunha forma diferente” e acceder a datos que non se efectúan en inspeccións tradicionais. Deste xeito, pódense obter medidas con sensores de ultrasóns, que achegan información sobre o estado interno da estrutura, entre outros.

As restricións aplicadas debido á pandemia non permitiron que o equipo de Contact-Drone asistise á cerimonia de entrega dos galardóns do certame internacional que promoven a Axencia Espacial Europea, a Axencia Europea GNSS, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transportes e Infraestruturas Dixitais.

ENTREGA DO DIPLOMA

Por iso, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, entregaron o diploma aos membros nun acto celebrado este venres nas instalacións da segunda institución na cidade olívica.

Neste contexto, o reitor resaltou a “aposta decidida polo talento” de Zona Franca, o que recalcou que resulta fundamental para a universidade, así como que as capacidades broten e permitan realizar “cousas importantes desde o punto de vista social”.

Ademais, Regades referiuse ao proxecto como “un sinal de identidade” e afirmou que “é economía, industria e coñecemento”. Tamén avanzou que a iniciativa se aloxará nas instalacións da Zona Franca, onde augurou que, tras “nacer como idea”, converterase en “unha empresa na que se xerará emprego e riqueza”.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...