InicioSociedadeAbel Caballero anuncia a predisposición dos concellos a facer efectiva a vacinación

Abel Caballero anuncia a predisposición dos concellos a facer efectiva a vacinación

Caballero considera que hai que esperar que os técnicos fixen as prioridades e o modo de proceder respecto da vacina para poder discutir sobre a repartición e a administración destas doses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, mostrou a disposición das entidades locais a apoiar as decisións que se adopten no marco de plan de vacinación do Goberno e facer posible a súa aplicación.

Fíxoo durante a súa intervención no Consello Interterritorial de Saúde, no que o presidente da agrupación municipalista participa desde hai unhas semanas e que estivo dirixido como cada semana polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias.

Neste punto, Caballero considera que hai que esperar que os técnicos fixen as prioridades e o modo de proceder respecto da vacina para poder discutir sobre a repartición e a administración destas doses.

Así mesmo, Caballero valorou o ton de diálogo deste foro coas Comunidades Autónomas e referiuse a a “forza moral da unanimidade nas decisións xa que, segundo dixo, esta unanimidade axuda a “asegurar o cumprimento dos cidadáns das medidas de protección fronte á Covid-19”.

Sobre o plan do Goberno de face ás festas do Nadal, Caballero pediu que se intensifique o diálogo entre Sanidade e as comunidades autónomas para que os concellos poidan “coñecer os datos e incidencia da enfermidade nos seus territorios e tomar as decisións oportunas e manter a vixilancia adecuada”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...