InicioSociedadeO Sergas inicia un cribado masivo en Moaña ante a alta incidencia...

O Sergas inicia un cribado masivo en Moaña ante a alta incidencia de Covid

As persoas de entre 15 e 70 anos recibirán un kit cun tubo xunto coas indicacións precisas para que poidan realizar unha recollida de saliva nos seus domicilios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas realizará un cribado masivo de COVID-19 en Moaña mediante probas PCR ás que se convidará a someterse a 19.900 persoas de 15 ou máis anos desde este xoves ata o vindeiro martes.

Segundo detallou a xerencia da área Sanitaria de Vigo, instalaranse seis carpas na praza do Mercado de Abastos da localidade para que as persoas citadas poidan desprazarse en vehículo ou a pé. Así, un equipo de 14 profesionais xestionará o proceso desde as 8,30 ata as 19,30 horas.

Esta medida foi adoptada ante a elevada incidencia de COVID-19 mantida nos últimos 14 días en Moaña. Deste xeito, búscase captar o maior número de persoas infectadas que non presenten sintomatoloxía ante o risco que supoñen para a saúde pública dado que continúan a súa vida diaria e poden contribuír á propagación do virus.

O Sergas habilitou dúas modalidades de recollida de mostras para realizar a proba PCR, a autónoma de saliva e a nasofarínxea. As persoas de entre 15 e 70 anos recibirán un kit cun tubo xunto coas indicacións precisas para que poidan realizar unha recollida de saliva nos seus domicilios.

En concreto, deberán recoller un 1 mililitro de saliva ao levantarse, en xaxún, sen tomar auga e sen lavar os dentes. Ao día seguinte, deberán entregar o tubo no dispositivo que se habilitará xunto á confraría.

Posteriormente, as mostras procesaranse no Hospital Álvaro Cunqueiro mediante a técnica de ‘pooling, que permite a agrupación de varias nun mesmo análise. Mentres, tomarase unha mostra nasofarínxea ás persoas maiores de 70 anos ou ás que presenten máis dificultades para producir saliva.

O Sergas contactará coa poboación de Moaña para convidala a realizar a proba diagnóstica PCR, que será voluntaria. Para iso, facilitaráselle unha cita para acudir ao dispositivo sanitario no que se tomarán as mostras.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...