InicioSociedadeAs redes sociais como reduto machista é a temática que aborda un...

As redes sociais como reduto machista é a temática que aborda un taller organizado pola Universidade de Vigo

A cátedra Feminismos 4.0 de Deputación e UVigo aborda a "dixitalización" do machismo e a súa presenza nas redes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo celebra este xoves a segunda edición do seminario e o taller ‘Sociedade dixital. Hackeando o patriarcado’, que organiza a institución académica viguesa, xunto coa Deputación de Pontevedra, no marco da cátedra Feminismos 4.0.

O seminario foi inaugurado polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que iniciaron as súas intervencións expresando a súa tristeza polo crime machista de Gondomar, e alertaron da proliferación de ‘machitroles’ nas redes sociais e sobre o uso destas redes como instrumento de acoso ás mulleres.

Así o manifestou o reitor, quen alertou de que, aínda que haxa un “discurso oficial” da igualdade, “hai que envorcarse no que pasa nas redes”, onde “os machistas poden campar ás súas anchas”. “Esta cátedra dá onde debe, porque se hai un reduto do machismo son as redes, onde poden verse mensaxes xa non trogloditas, senón de antes”, advertiu.

Manuel Reigosa incidiu en que, aínda que as mulleres “xa están en pé”, aínda “queda moito por facer” para conseguir a “igualdade real”, e sinalou que esa fenda existe mesmo nas institucións públicas. Como exemplo, apuntou que hai estudos que reflicten que, durante a pandemia, a produción científica nas universidades creceu entre os homes, mentres que as investigadoras produciron menos, porque asumiron os coidados de maiores e menores.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que a cátedra Feminismos 4.0 é “cada vez máis potente” e converteuse nunha “ferramenta” non só para a sociedade, senón tamén para outras institucións e universidades.

Con respecto ás actividades previstas para este xoves, Silva incidiu na necesidade de erradicar o machismo das redes, e recalcou que, segundo un estudo da ONG Plan Internacional, case o 60 por cento das nenas e adolescentes recoñeceron sufrir acoso nas redes sociais, mediante linguaxe abusiva, humillación polo seu físico, intimidación ou acoso sexual.

Por iso, cualificou como “imprescindible” un seminario onde se aborde a presenza do machismo nas redes, e lembrou que, no actual contexto de dixitalización, “hai novas formas de exercer vManuel iolencia sobre as mulleres”.

ÚLTIMAS

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...