InicioSociedadePonteareas chama a respectar as restricións logo de superar os 90 casos...

Ponteareas chama a respectar as restricións logo de superar os 90 casos activos

O rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleiro de Saúde, Cristina Fernández Davila, mantiveron encontros virtuais coa xerencia da área Sanitaria de Vigo e a Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Ponteareas fixo un chamamento ao cumprimento das restricións establecidas para conter a pandemia tras roldar durante esta semana o centenar de casos activos de COVID-19, que este xoves se situaron en 93.

Fontes municipais detallaron que o rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleiro de Saúde, Cristina Fernández Davila, mantiveron encontros virtuais coa xerencia da área Sanitaria de Vigo e a Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade.

Así, buscouse trasladar á cidadanía estes datos para dar a coñecer a situación epidemiolóxica do municipio. Nesta liña, o goberno local incidiu na importancia de “extremar as precaucións” e de respectar as medidas establecidas “para que descenda a incidencia da COVID-19 na localidade”.

A este respecto, o goberno municipal resaltou que durante a última semana os positivos activos roldaron o centenar. Ademais, subliñou que se produciu “un aumento significativo de casos semanais”, que se incrementaron nun 26% a pesar de que en Ponteareas permanecen activas as medidas máis restritivas establecidas a nivel autonómico.

En concreto, indicou que “o 80% dos contagxios proceden de encontros no ámbito privado” mantidos por familiares e persoas sen relación de parentesco, así como por persoas non convivientes. Por iso, pediu á cidadanía “evitar a permanencia de grupos de persoas non convivientes en espazos públicos e privados“.

O termo municipal de Ponteareas permanece pechado de modo perimetral desde o primeiro fin de semana de novembro, cando a Xunta estableceu tamén o peche da hostalaría nesta e outras 59 localidades galegas.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...