InicioSociedadeSusana Cerqueiro, nova directora de Procesos Asistenciais da área sanitaria de Vigo

Susana Cerqueiro, nova directora de Procesos Asistenciais da área sanitaria de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este venres o nomeamento da doutora Susana Cerqueiro como nova directora de Procesos Asistenciais da área sanitaria de Vigo, en substitución de Alfredo Silva.

Cerqueiro, que ata agora ocupaba a Dirección de Atención Hospitalaria, é Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, e cursou másteres relacionados coa Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios e Urxencias.

Facultativa de Admisión e Documentación Clínica, exerceu distintos cargos como médico avaliador do Instituto Nacional da Seguridade Social, inspectora do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia, e outras responsabilidades directivas en institucións dependentes do Sergas e da Consellería de Sanidade.

Cerqueiro foi subdirectora operativa no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago durante 8 anos; directora médica no Hospital do Salnés; subdirectora xeral na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria; e directora de Procesos con Ingreso na área de Santiago.

Hai dous anos incorporouse ao equipo directivo da área sanitaria de Vigo como directora de Procesos de Soporte e, posteriormente, fíxose cargo da Dirección de Atención Hospitalaria, ata hoxe.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...