InicioSociedadeLocalizan unha granada da Guerra Civil nun alpendre dunha vivenda en Salceda

Localizan unha granada da Guerra Civil nun alpendre dunha vivenda en Salceda

Especialista do TEDAX recolleron e desactivaron a granada de morteiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Especialista do TEDAX do Servizo de Desactivación de Explosivos da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra recolleron e desactivaron unha granada de morteiro da Guerra Civil española, que foi atopada nun alpendre dunha vivenda en Salceda de Caselas.

Segundo informaron fontes da Benemérita, o artefacto apareceu cando un particular estaba a limpar un alpendre anexo ao seu domicilio, no barrio de Fonte, en Salceda de Caselas. Este veciño avisou á Garda Civil a través do teléfono 062, e activouse o protocolo por parte dos especialistas en desactivación de explosivos.

O equipo TEDAX desprazouse a esta vivenda e recolleu a granada, modelo ‘Valero’ e de 50 mm. A pesar da súa antigüidade e o seu mal estado de conservación, o artefacto mantiña as súas propiedades explosivas activas, polo que a súa manipulación resulta extremadamente perigosa, xa que os seus mecanismos de seguridade atópanse deteriorados pola corrosión.

A Garda Civil apuntou que unha explosión desta granada podería provocar importantes danos materiais e persoais, podendo alcanzar a súa metralla un radio de 100 metros. Por iso aconsella, no caso de achados desta clase, evitar a súa manipulación, deixando o artefacto explosivo na situación en que se atope, impedindo que ninguén se achegue ao mesmo, e dar inmediato aviso a través do 062.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...