InicioSociedadeA área de Vigo segue á cabeza en novos contaxios da Covid

A área de Vigo segue á cabeza en novos contaxios da Covid

Baixan a 597 os positivos confirmados en 24 horas en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas descenderon a 597, deles 155 na área de Vigo e 109 na de Pontevedra. Son case 200 menos que os contabilizados diariamente durante o pasado fin de semana –775 o domingo e 755 o sábado–.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns na páxina web da Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, nos que se indica que na área sanitaria da Coruña e Cee detectáronse 104 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 87 na de Ourense; 55 na de Santiago e Barbanza; 48 na de Ferrol e 39 na de Lugo.

En canto aos casos activos, descenderon nas áreas de Santiago e Barbanza, que conta con 1.360 –12 menos que este domingo– e na de Lugo ata o 983 –tres menos–, mentres que aumentaron no resto. En concreto, Vigo ten 2.072 –52 máis–; A Coruña, 1.575 –34 máis–; Ourense, 1.299 –23 máis–; Pontevedra e O Salnés 1.049 –55 máis– e Ferrol, 954 –24 máis–.

Ata a data curáronse en Galicia 27.752 persoas, o que supón 422 máis que a xornada deste domingo. Desde o inicio da pandemia contaxiáronse por Covid-19 na Comunidade galega 37.966 persoas e leváronse a cabo, ademais, 401.091 probas serológicas.

FALECIDOS

Galicia rexistrou ata o momento 923 falecidos con coronavirus Covid-19, os últimos nove notificados na tarde deste domingo, cinco deles procedentes de residencias de anciáns.

HOSPITALIZADOS

En canto aos hospitalizados, na área de Vigo soben a 76 os pacientes con Covid –dez máis que este domingo–, dos cales 16 se atopan en UCI –cinco máis–.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...