InicioVal MiñorNigránNigrán entra en alerta vermella pola Covid

Nigrán entra en alerta vermella pola Covid

Nese nivel están xa Vigo, Cangas, Gondomar, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Salvaterra e Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia de coronavirus na última semana aumentou este xoves ata os 44, tres máis que a xornada anterior.

En concreto, subiron ata esta situación os municipios coruñeses de Boqueixón e Cerceda, así como os pontevedreses de Nigrán e Cambados. Mentres tanto, descendeu a incidencia en Viana do Bolo (Ourense), que pasou de vermello a amarelo –do nivel 3 ao 1– en 24 horas.

No mapa ‘semáforo’ que diariamente actualiza a Consellería de Sanidade, continúan no nivel máximo de alerta por coronavirus as sete cidades: A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

Ademais, están en alerta vermella os municipios coruñeses de Culleredo, Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Fene, Muros, Narón, Oleiros, Pontedeume, Vimianzo e Teo. Na provincia de Ourense, permanecen Barbadás, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

Na provincia de Pontevedra, continúan na situación 3 Cangas, A Estrada, Gondomar, Lalín, Marín, Poio, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa. Así mesmo, en Lugo tan só está en alerta vermella Monforte de Lemos, á parte da capital.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112–, Ourense –máis de 120–, A Coruña –máis de 276– e Vigo –máis de 332–.

ALERTA LARANXA

Mentres, en situación dúas –na cor laranxa do mapa– sitúanse 26 municipios, os mesmos que este xoves, dos que 11 están na provincia da Coruña: Ares, Arzúa, Boiro, Brión, A Laracha, Ordes, Ponteceso, Sada, Santa Comba, Valdoviño e Oza-Cesuras; tres na de Lugo: Bóveda, A Fonsagrada e Viveiro; e só un na de Ourense: Allariz.

No caso de Pontevedra, son 11 os que figuran neste nivel de alerta: Vila de Cruces, A Cañiza, Cuntis, Vilaboa, Fornelos de Montes, Mos, Salceda de Caselas, Cercedo-Cotobade, Tomiño, Baiona e A Guarda.

En cor laranxa inclúense concellos de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...