InicioSociedadeA área de Vigo non para de sumar récords negativos; case 200...

A área de Vigo non para de sumar récords negativos; case 200 contaxiados nun día

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contaxios por Covid-19 aumentaron en Galicia tras detectarse 696 positivos confirmado por PCR nas últimas 24 horas, o que supón a cifra máis elevada en toda a pandemia na Comunidade galega, deles 185 na área en Vigo.

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste venres con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, tras Vigo, destacan os 115 positivos na área de Santiago e Barbanza; 117 na da Coruña e Cee; 99 na de Ferrol; 76 na de Pontevedra e O Salnés; 54 na de Ourense e 50 na de Lugo.

Os casos activos superan este venres os 8.000 ao elevarse a 8.363, o que supón 433 máis que este xoves. Salvo na área sanitaria de Ourense, onde baixan os casos ata os 1.394 –13 menos–, aumentan en todas as demais.

Á cabeza a de Vigo, con 1.758 casos activos, o que implica 134 máis que este xoves; 1.432 na da Coruña —74 máis–; 1.322 na de Santiago e Barbanza –71 máis–; Pontevedra e O Salnés conta con 899, un total de 61 máis; Lugo ten 801 –19 máis– e Ferrol sitúase con 757 –87 máis–. Ata a data curáronse en Galicia 26.537 persoas, o que implica 267 máis que as contabilizadas este xoves e realizáronse 672.435 PCR fronte ás 663.251 rexistradas ata a xornada pasada.

FALECIDOS

En canto ás persoas falecidas con Covid-19 sitúanse en 902, tras notificar este xoves pola tarde Sanidade 13 falecementos na Comunidade galega, a cifra máis alta nunha xornada da segunda onda.

Das 13 persoas falecidas, seis eran usuarias de residencias de maiores –tres dos usuarios de centros xeriátricos perderon a vida no hospital e outros na propia residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, que supera a trintena de mortos–. Todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...