InicioSociedadeO Concello de Tui fará un cribado no seu persoal tras rexistrar...

O Concello de Tui fará un cribado no seu persoal tras rexistrar tres positivos en Covid-19

Volverase activar a cita previa para todos os trámites en todos os departamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui anunciou este luns a adopción de varias medidas para “garantir a atención á cidadanía e a continuidade da tramitación administrativa”, despois de detectarse tres casos positivos de COVID-19 no seu persoal.

Segundo informou o consistorio tudense, a situación de nivel 3 de alerta (Tui está coloreada en vermello no mapa de incidencia do COVID-19 que publica cada día o Sergas), sumada ao incremento de casos activos e á detección dese tres positivos no Concello, levaron a tomar unha serie de medidas.

Así, activaranse quendas rotatorias entre o persoal municipal para que, se se contaxia algún traballador, non haxa que pechar un departamento enteiro, como ocorreu desde o pasado venres con Servizos Sociais. Deste xeito, garántese que o 50 por cento do persoal de cada servizo está activo.

Por outra banda, volverase activar a cita previa para todos os trámites en todos os departamentos, incluído o rexistro de entrada, que se poderá solicitar telefonicamente, por correo electrónico ou a través da sede electrónica.

Así mesmo, suspenderase o servizo de recollida de voluminosos xa que, en moitos casos, a recollida implica que os traballadores deben entrar nos domicilios dos veciños para retirar o material.

Finalmente, o Concello de Tui confirmou que, a partir deste martes, realizará test de antíxenos a todo o persoal municipal.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...