InicioSociedadeLuces retransmitidas e cabalgatas estáticas... así será o Nadal en Vigo coa...

Luces retransmitidas e cabalgatas estáticas… así será o Nadal en Vigo coa pandemia do coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este venres que se mantén a campaña do Nadal na cidade, e avanzou algunhas das medidas que se adoptarán para que esta celebración sexa “mil por cen” segura, entre elas, unha Cabalgata de Reis estática ou o control de aforamentos nas rúas a través de cámaras.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, cando arrinque a campaña, co aceso da iluminación, o goberno local cumprirá todas as normas sanitarias coa maior esixencia, en función da situación da pandemia de COVID nese momento.

A ese respecto, confirmou que o Concello está a tramitar a instalación de cámaras para controlar o aforamento en certas rúas, onde a aglomeración de xente é maior debido á instalación da iluminación, os elementos ornamentais e outras atraccións. Segundo explicou, está a valorarse a posiblidad de instalar “semáforos” nos accesos a esas zonas, para informar da ocupación, e a Policía controlará as aglomeracións tanto nesas rúas como nas adxacentes.

Cabalgata

Así mesmo, sinalou que a Cabalgata de Reis “será distinta” e, en lugar do tradicional percorrido polo centro de Vigo, as carrozas e o séquito quedarán “estáticos” nalgunha rúa “ancha” da cidade, e serán os visitantes os que, facendo cola e gardando a distancia, vaian pasando para velas.

Con respecto ao aceso da iluminación, Caballero non achegou detalles, pero apuntou a posibilidade de que o acto se faga cun aforamento reducido dunhas 400 persoas, sentadas en cadeiras separadas, “en lugar de 150.000”. “Non o descarto”, engadiu.

No caso de que a situación sanitaria sexa “dramática”, o alcalde explicou que o Concello xa está a traballar nunha alternativa: a retransmisión do aceso por televisión e outros medios telemáticos. “”, proclamou.

Caballero insistiu en que “a seguridade vai ser total”, e subliñou que a campaña do Nadal de Vigo é un “centro de atención” para toda España e para Europa, e precisamente por iso, o goberno local quere que a cidade sexa “un exemplo” desa seguridade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...