InicioSociedadeOs hospitalizados con Covid-19 en Vigo aumentan a 25, seis deles en...

Os hospitalizados con Covid-19 en Vigo aumentan a 25, seis deles en UCI

Soben en máis dunha trintena os hospitalizados en Galicia, ata os 237, dos que 39 están en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes con COVID-19 ingresados en hospitais galegos subiron en 31 nas últimas 24 horas, ata situarse no total de 237. De todos eles, 39 atópanse en unidades de coidados intensivos (UCI) –catro máis– e 4.237 están en seguimento domiciliario.

Na área sanitaria de Vigo subiron en catro, ata 25, os pacientes con coronavirus ingresados. Deles, 20 están no Hospital Álvaro Cunqueiro –cinco na UCI–, catro en Povisa e un na unidade de críticos do Vithas Fátima.

Segundo os últimos datos actualizados polas sete áreas sanitarias galegas, a de Ourense-Verín-Ou Barco, epicentro agora da pandemia en Galicia, conta este luns con 78 pacientes hospitalizados con coronavirus, 11 máis que un día atrás.

En concreto, o complexo hospitalario universitario da capital provincial (CHUO) conta con 65 enfermos de COVID-19: 55 en planta e 10 en UCI; mentres o centro médico El Carmen, tamén na cidade das Burgas, conta cun paciente en UCI. Pola súa banda, os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras contan con 11 e un ingresados en planta, respectivamente.

Na área sanitaria da Coruña e Cee tamén subiron, a 50, os pacientes diagnosticados con coronavirus hospitalizados, seis máis. De todos eles, 47 están no Complexo Hospitalario Universitario (Chuac) –42 en planta e cinco en UCI–, mentres que o Hospital de Cee conta cun e o HM Modelo, con dous en unidade convencional.

En Santiago e Barbanza, ascenderon a 35 (+5) as persoas hospitalizadas por COVID, todas elas no Hospital Clínico da capital galega: 28 en planta e sete en UCI.

Mentres tanto, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés conta con 17 hospitalizados con COVID-19, tres máis que 24 horas atrás. O CHOP acumula 15 –10 en planta e cinco en UCI–, mentres que o Hospital do Salnés segue con dous pacientes en planta.

Pola súa banda, a área de Lugo, A Mariña e Monforte volveu a aumentar en dous o número de ingresados, ata os 29: 25 no Hospital Lucus Augusti (HULA) –cinco na UCI–, dous no Hospital de Monforte, un no da Mariña e outro no Polusa.

Finalmente, na área de Ferrol hai tan só tres pacientes de COVID-19 hospitalizados, os mesmos que o domingo, todos eles en planta no Complexo Hospitalario Universitario da cidade (CHUF).

ÚLTIMAS

A Xunta condena o crime do Porriño e traslada as súas condolencias a familia e achegados da traballadora social

O Goberno galego trasladou o seu "máis firme condena" ante "o...

Detido un home por matar a unha traballadora social que lles atendía a el e á súa muller en O Porriño

A Garda Civil está a investigar a morte violenta dunha traballadora social do servizo...

Arrestan unha muller en Vigo sobre a que constaban varias ordes de detención

A Policía Local de Vigo detivo este pasado martes a unha muller, veciña da...

Comeza a instalación do alumeamento de Nadal en Vigo que contará con case 12 millóns de luces led

O Concello de Vigo iniciou este mércores a instalación da súa iluminación de Nadal,...