InicioSociedadeGalicia sitúase en niveis de finais de marzo en contaxios diarios de...

Galicia sitúase en niveis de finais de marzo en contaxios diarios de Covid-19 e a área sanitaria de Vigo e a única onde caen

Nas últimas 24 horas detectáronse 31 novos casos de coronavirus na área viguesa, unha vintena menos que no parte anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou 405 contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas, o que supón volver superar por segundo día consecutivo a barreira dos 400 e situarse en cifras de finais de marzo, ao comezo da pandemia. Case a metade dos novos infectados, un total de 191, concéntranse na área sanitaria de Ourense.

Mentres, a única área sanitaria que anota un descenso na incidencia da pandemia é a de Vigo, que nas últimas 24 horas detectou 31 novos casos de coronavirus, unha vintena menos que no parte anterior. Nesta zona, hai 435 pacientes de COVID-19.

Segundo a última actualización do novo portal da Consellería de Sanidade para informar sobre a incidencia da COVID-19, Galicia sumou un novo falecemento nas últimas horas, o que sitúa a cifra total en 780. En concreto, a última vítima é unha muller de 93 anos que morreu na residencia de maiores Ballesol de Oleiros (A Coruña).

En canto ás altas, nas últimas 24 horas producíronse 319 –73 máis que o día anterior– e o total de persoas curadas desde o inicio da pandemia é de 21.425.

Deste xeito, de acordo cos datos deste sábado, o número de casos activos de COVID-19 –é dicir, persoas que aínda padecen a enfermidade– é de 4.358, uns 94 máis que este venres.

Así mesmo, Sanidade informa de que ata o momento se fixeron 543.138 probas, o que supón que se realizaron 5.936 PCR en 24 horas, máis que no parte anterior. De todas elas, o 7,9% arroxou un resultado positivo, unha porcentaxe similar a este venres e que se sitúa en valores de principios de abril.

Desde o inicio da pandemia, Galicia sumou un total de 26.563 casos de coronavirus.

OUTRAS ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco segue disparada con 191 novos contaxios, o que supón a segunda cifra máis alta de toda a pandemia, só por detrás deste venres, e case a metade dos detectados en toda Galicia nas últimas 24 horas.

Cabe destacar que a porcentaxe de positividade das probas realizadas na provincia volveu crecer e sitúase xa no 22,5%. Ademais, as persoas coa enfermidade subiron, ata as 1.474.

A segunda área con máis contaxios diarios, 65 nas últimas 24 horas –fronte ás 49 do día anterior–, é a de Santiago e Barbanza, que conta con 581 pacientes de COVID-19. Seguen a estas as áreas da Coruña-Cee, con 36 novos positivos (+5) e 747 casos activos, e a de Lugo-Monforte-A Mariña, con 38 diagnósticos diarios (+20) e 466 persoas coa enfermidade activa.

Tamén soben os contaxios diarios na de Pontevedra-O Salnés, con 28 rexistrados en 24 horas (+8) e 541 pacientes, e na de Ferrol, que se duplican ata as 16 (+8) novas infeccións e acumula 114 casos activos.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...