InicioEconomíaEstreada en Nigrán a primeira 'electrolineira' de carga rápida dentro dun espazo...

Estreada en Nigrán a primeira ‘electrolineira’ de carga rápida dentro dun espazo público en Galicia

Esta localidade é a que dispón de maior número destas instalacións, xa que conta tamén con outra de carga semi-rápida e gratuíta (municipal), á beira da Casa Consistorial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O municipio pontevedrés de Nigrán estreou este mércores a primeira ‘electrolinera’ de carga rápida instalada nun espazo público en Galicia, no parque empresarial Porto do Molle, e contará en próximos días con outra igual na parroquia de Panxón.

Esta localidade é a que dispón de maior número destas instalacións, xa que conta tamén con outra de carga semi-rápida e gratuíta (municipal), á beira da Casa Consistorial.

O alcalde de Nigrán, Juan González, asistiu este mércores, xunto con representantes de ACEUVE e Iberdrola, á posta en marcha da ‘electrolinera’ de Porto do Molle, que estará operativa 24 horas e ten capacidade de cargar 50KW/hora. Así, en só media hora permite recargar o 80 por cento da batería dun coche.

O rexedor proclamou que “é un orgullo para Nigrán” ser o municipio galego con máis ‘electrolineras’ de uso público, e destacou que, coas que xa existen, e a nova instalación de Panxón, poderán cargarse simultaneamente as baterías de dez coches.

A instalación da ‘electrolinera’ de Porto do Molle (e a próxima de Panxón) correu a cargo da empresa ACEUVE, e Iberdrola a explota cun prezo de mercado de 30 céntimos KW/hora (unha media duns 10 euros para unha carga do 80 por cento da batería, que leva menos de 30 minutos).

ÚLTIMAS

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...

Municións, 20 quilos de haxix e máis de medio millón na desarticulación dunha banda criminal en Vigo e Ponteareas

A Policía Nacional desartellou unha rede de tráfico de drogas nun operativo con 6...

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...