InicioSociedadeBaixan os casos covid na área de Vigo

Baixan os casos covid na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou outros 163 positivos por Covid-19 tras rexistrar 205 novas altas de pacientes, o que sitúa os casos activos en 4.251, polo que volven descender en 46. Tamén na área de Vigo baixaron os positivos.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, os casos activos volveron a descender en todas as áreas sanitarias salvo na de Ourense, onde experimentaron un incremento de 9 ata os 765.

Pola súa banda, na área sanitaria da Coruña descenderon en dúas con respecto ao martes ata situarse nos 975; na de Lugo caeron ata os 537 –dous menos–; na de Pontevedra, a 786 –sete menos–; na de Santiago a 537 –35 menos–; na de Vigo a 503 –sete menos–; e na de Ferrol baixaron a 148 –dúas menos–.

No referido a pacientes curados na Comunidade galega aumentaron a 18.949, o que supón 205 máis que os rexistrados na xornada do martes. Ata a data en Galicia, ademais, faleceron 740 persoas con Covid-19, o últimas catro vítimas foron notificadas na tarde do martes.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...