InicioSociedadeDispáranse os casos de Covid na área de Vigo

Dispáranse os casos de Covid na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas menos de 200 novos contaxios de COVID-19, unha cifra que supón un descenso con respecto ás xornadas anteriores e que non se pasaba desde o pasado 8 de setembro. En concreto, segundo os datos da Consellería de Sanidade, detectáronse na última xornada 194 novos casos de COVID-19 e a cifra de casos activos diminuíu ata os 4.304 (-46). Non é así na área de Vigo, onde están disparados e suman 17 novos positivos activos.

Nas últimas 24 horas sumáronse ao parte tres falecementos relacionados coa COVID-19, os de dous usuarios de residencias –a Orpea de Culleredo e a DomusVi Lugo de Outeiro de Rei– e o dunha muller ingresada no Hospital de Ourense, co que xa son 718 os vinculados á pandemia. Do mesmo xeito, producíronse 237 altas, co que a cifra de persoas que superaron a COVID-19 en Galicia elévase a 16.995.

Segundo os datos de Sanidade, catro das sete áreas sanitarias galegas rexistran un descenso na cifra de casos activos. En concreto, a baixada máis pronunciada dáse en Lugo, onde pasan de 725 a 689 (-36) e na Coruña, onde baixan en 30, de 1.178 a 1.148. Do mesmo xeito, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza hai 12 casos activos menos, ata 625 e na de Ferrol caen sete, ata os 177.

Pola contra, a cifra de casos activos sobe en Vigo, onde pasan de 440 a 457 (+17) e na de Ourense, con 14 máis, ata os 541. En Pontevedra, pola súa banda, pasan de 658 casos activos a 667 (+9).

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...