InicioSociedadeVigo, a área na que máis crecen os casos de coronavirus

Vigo, a área na que máis crecen os casos de coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descenderon en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 224 novos positivos na Comunidade galega e rexistrarse 235 novas altas, ademais de cinco falecementos. Con todo, os casos subiron na área de Vigo.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan na área de Santiago e Barbanza –con 24 menos–, Lugo –nove menos– e A Coruña –un menos–, mentres que soben en Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Así, dos 4.306 casos activos rexistrados en Galicia, 1.236 corresponden á área sanitaria da Coruña –un menos que este mércores–, 772 á de Lugo –nove menos–, 635 á de Santiago -24 menos–, 584 á de Pontevedra –sete máis– 503 á de Ourense –tres máis–, 394 á de Vigo –sete máis– e 182 á de Ferrol –un máis–.

Ata a data, segundo os datos actualizados por Sanidade curáronse en Galicia 16.064 persoas, o que supón 235 máis que este mércores, e faleceron 701 persoas con COVID-19.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...