InicioSociedadeVigo, Pontevedra e Ferrol, únicas áreas sanitarias onde aumentan os positivos de...

Vigo, Pontevedra e Ferrol, únicas áreas sanitarias onde aumentan os positivos de Covid-19

Galicia detecta 236 novos casos nas últimas 24 horas. Nova vítima na área de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou 236 novos positivos por COVID-19 nas últimas 24 horas, unha cifra similar aos contaxios notificados o sábado, aínda que cun leve descenso de cinco. En canto aos casos activos, reducíronse en 55, ata os 4.281.

Ademais, as vítimas da pandemia do coronavirus subiron a 685 en Galicia despois de que nas últimas horas falecesen catro persoas diagnosticadas de COVID-19, das cales dúas eran usuarias de residencias de maiores. Todas contaban con patoloxías previas, unha delas, unha muller de 95 anos que permanecía ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Segundo os datos feitos públicos este domingo pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do sábado, o número de persoas curadas aumentou nun día en 289, ata o total de 15.222 desde o inicio da pandemia.

Ademais, as mortes subiron en dúas con respecto ao parte ofrecido este sábado, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus en Galicia son un total de 681. Os últimos falecementos, notificados na tarde do sábado, correspóndense con dous homes, de 75 e 87 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín.

Por áreas sanitarias, tan só tres rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra é a que máis sobe, con 31 novas persoas infectadas que pon o total en 470. Tamén aumentan os casos activos, aínda que lixeiramente, na área de Ferrol, ata 184 (+4), e na de Vigo, ata 366 (+3).

En canto ao resto, todas anotan descensos nos contaxiados de coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade, un total de 1.304 casos activos, pero baixan en 36 con respecto a este sábado. Ademais, descenden en Lugo, ata 814 (-34); en Ourense, ata 473 (-13); e en Santiago, ata 670 casos activos (-9).

Así mesmo, Sanidade notificou este domingo que o número de PCR realizadas ata o momento en Galicia desde o inicio da pandemia é de 394.634, o que significa que en 24 fixéronse un total de 5.026 probas.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...