InicioSociedadeFeijóo premia coa consellería de Sanidade ao responsable do cese da profesional...

Feijóo premia coa consellería de Sanidade ao responsable do cese da profesional que criticou o caos sanitario da Xunta no confinamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo conselleiro de Sanidade e ex xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García, foi o responsable do cese da xefa de sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), Eva Maquieira Gómez. Un polémico cese o pasado 23 de marzo, en pleno confinamento, polas críticas da profesional ás instrucións de hixiene e utilización de recursos ditadas polo Servizo de Medicamento Preventivo para evitar a propagación do coronavirus.

Maquieira denunciou a “falta de liderato e previsión” dos mandos directivos del Sergas aos que criticou “por estar lonxe” da “primeira liña de batalla”. “Por iso a eles élles máis fácil manter a famosa distancia de seguridade dun metro”, indicaba

Nun escrito en redes, aseguraba que algúns profesionais do Álvaro Cunqueiro tiveron que inventarse proteccións con bolsas de lixo, teas, gafas de buceo e separadores de libro. Por último, pedía á administración sanitaria que repartise material de protección aos profesionais e que que “coide aos que coidan” aos pacientes.

RESPONSABLE DIRECTO DO CESE

Julio García foi o responsable directo deste cese tras reunirse en persoa con esta facultativa despois de que se “negase a acatar” as recomendacións sanitarias para evitar a propagación do virus, informa o Sergas. Ademais, criticou que “animara a outros compañeiros a non cumprir” estas medidas, que, segundo se indicou, cuestionou en redes sociais.

Ante esta situación, considerouse que “se rompeu a confianza” desta persoa cara á dirección da área Sanitaria, polo que “non pode exercer de interlocutora” da mesma.

O cese da profesional xerou moito malestar entre os profesionais sanitarios e motivou que distintos partidos políticos pediran explicacións a Feijóo. De feito, o Sergas modificou estes protocolos de seguridade despois do confinamento e introduciu algunhas das recomendacións que facía Maquieira como o uso xeralizado da máscara.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...