InicioSociedadeO Concello estudará facilitar espazos para os recreos ante a "ausencia" da...

O Concello estudará facilitar espazos para os recreos ante a “ausencia” da Xunta

Abel Caballero avanzou que o Concello contactará cos centros educativos para reforzar os plans de tráfico e para estudar, se fose necesario, a cesión de espazos para os recreos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo estudará a posible cesión de espazos a colexios para que os nenos poidan gozar dos recreos en condicións de seguridade e cumprindo as restricións derivadas da pandemia de coronavirus, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico avanzou que o Concello contactará cos centros educativos para reforzar os plans de tráfico e para estudar, se fose necesario, a cesión de espazos para os recreos. Así, aínda que confirmou que xa hai “peticións” nese sentido, non concretou máis detalles.

En todo caso, Caballero volveu a criticar a “ausencia” da Xunta no apoio aos centros escolares de face ao regreso ás aulas, porque o goberno galego “non está a facer nada para facilitar” o inicio do curso en condicións de seguridade.

Segundo insistiu, a administración autonómica, que ten as competencias, debe sufragar a contratación de máis persoal, a adaptación dos transportes ou o material de prevención.

No caso dos recreos, Abel Caballero subliñou que terán que ser “distintos”. “Os espazos terán que estar acoutados de forma distinta e, como vai axudar a Xunta?“, preguntou, á vez que constatou que “o traballo o fai o Concello fóra da súa competencia”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...