InicioSociedadeSeguen aumentando paseniñamente os casos na área de Vigo que xa ten...

Seguen aumentando paseniñamente os casos na área de Vigo que xa ten 185

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de COVID en Galicia proseguen en aumento este xoves, con 141 máis, e sitúanse en 2.939, despois de incrementarse os contaxios en todas as áreas sanitarias galegas. Un incremento de casos que leva sendo importante na última semana cunha media de case 200 casos ao día.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 12 seguen en UCI –un menos que este mércores–, 95 atópanse en unidades de hospitalización convencional –11 máis–, e 2.832 en seguimento domiciliario –131 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 2.939 casos activos, 1.304 corresponden á área da Coruña e Cee –29 máis que este mércores–; 482 á de Lugo –41 máis–; 404 á de Santiago –22 máis– 185 á de Vigo –oito máis–, 179 á de Pontevedra e O Salnés –14 máis–; 266 á de Ourense –23 máis–; e 119 á de Ferrol –catro máis–.

Sanidade sinalou que, ata o momento, curáronse en Galicia 12.183 persoas, 97 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 635 persoas, das que 279 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 135 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos, a última este mércores, unha muller de 93 anos en Orpea Culleredo.

Do total de 2.939 casos activos na Comunidade galega, este xoves 139 están vinculados a centros residenciais, en relación a 99 usuarios e 40 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 317.307 fronte ás 312.766 contabilizadas ata este mércores, segundo os datos actualizados por Sanidade.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...