InicioSociedadeTui presenta "IGUAL É +": un programa para nenos pola igualdade de...

Tui presenta “IGUAL É +”: un programa para nenos pola igualdade de xénero

O Programa de Conciliación está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos empadroados en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Do 1 ao 9 de setembro vaise desenvolver o Programa de Conciliación “IGUAL É +” dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no Concello de Tui. O Concello pon en marcha esta actividade a través da concellería de Igualdade para promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

O obxectivo é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen neles.

Ofértanse 70 prazas para nenas e nenos distribuídos en 7 grupos de 10 integrantes a realizar tanto no centro urbano coma nas parroquias de forma simultánea.

Cada grupo traballará sobre unha temática específica tendo en conta o principio de igualdade e aplicando a perspectiva de xénero. Os temas son: mulleres senlleiras galegas, as profesións, educación emocional, artes escénicas, descubre o teu talento, música e baile e a natureza.

Este programa de fomento da Conciliación “IGUAL É +” foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Concello de Tui.

As persoas interesadas teñen que cubrir o formulario de inscrición, dispoñible en tui.gal e presentalo por rexistro de entrada ou na sede electrónica até este venres, 28 de agosto, xunto coa documentación requirida nas bases da convocatoria. As prazas ofertadas cubriranse por rigoroso orde de inscrición tendo prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Tui.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...