InicioSociedadeEstenden o procesado agrupado de PCR ao persoal de centros de saúde...

Estenden o procesado agrupado de PCR ao persoal de centros de saúde da área de Vigo

O obxectivo deste cribado é "vixiar e controlar a circulación" do coronavirus en áreas estratéxicas, ampliando a capacidade diagnóstica do COVID-19 mediante o procesamiento agrupado de mostras PCR diferentes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerencia da área sanitaria de Vigo estenderá, a partir do próximo luns, o sistema de procesamiento agrupado de probas PCR (‘pooling’) que se realizarán ao persoal de centros de saúde, segundo informaron fontes do Sergas.

O primeiros test do cribado realizaranse a persoal do centro de saúde e PAC de Val Miñor, un total de 105 traballadores de diferentes categorías profesionais. Posteriormente, faranse probas a través deste sistema ao resto de profesionais dos centros de atención primaria da área sanitaria de Vigo.

O obxectivo deste cribado é “vixiar e controlar a circulación” do coronavirus en áreas estratéxicas, ampliando a capacidade diagnóstica do COVID-19 mediante o procesamiento agrupado de mostras PCR diferentes”.

Así, “no canto de esperar a que aparezan traballadores con síntomas, realízase unha acción proactiva de procura e identificación daqueles asintomáticos, para controlar canto antes a aparición de brotes da enfermidade”.

Este sistema de procesado agrupado xa se iniciou en maio cos profesionais dalgunhas das áreas máis sensibles do hospital Álvaro Cunqueiro e agora está implantado na UCI, Urxencias, Hematoloxías e nas Unidades de Hospitalización COVID. Este persoal é testado periodicamente e de forma secuencial.

O método de recollida de mostras é a autotoma de saliva e o persoal conta tamén cunha aplicación móbil de autoregistro. Os resultados xa aparecen nesa aplicación, e así se eliminan moitos trámites administrativos.

Para todo isto, o laboratorio de Microbioloxía ampliou a súa estrutura coa incorporación de dous novos equipos robotizados con capacidade para procesar miles de probas diarias.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...