InicioSociedadeVigo terá "10 millóns de luces led" no Nadal e un "moi...

Vigo terá “10 millóns de luces led” no Nadal e un “moi rigoroso” protocolo antiCOVID

O rexedor quere contar de novo cunha nora xigante e non descarta unha permanente: "Para facerlle a competencia ao London Eye"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que a cidade contará cun “Nadal cento por cento seguro” para os vigueses e para os turistas que visiten a urbe, atraídos pola iluminación, a decoración e outros eventos, xa que se porá en marcha un protocolo “moi rigoroso” de medidas preventivas para evitar posibles contaxios, no actual contexto de pandemia de coronavirus.

Así o trasladou o rexedor no acto de inicio da colocación da iluminación, que tivo lugar no centro da cidade, e ao que acudiron tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e varios concelleiros do goberno vigués.

Caballero explicou que, nesta ocasión, a cidade lucirá 2.700 adornos luminosos, instalados en 334 rúas; e engalanaranse 450 árbores. “Vai haber 10 millóns de luces LED! Encántame dicilo, sei que esta frase vai dar a volta ao mundo”, proclamou, á vez que lembrou que o custo da iluminación desta campaña é de “soamente 800.000 euros” (é un contrato plurianual ajudicado hai 2 anos).

Preguntado polos medios acerca doutros elementos decorativos e atraccións, como a nora xigante instalada no pasado Nadal, Abel Caballero lembrou que esas cuestións aínda están en proceso de contratación. “Eu quero unha nora, e xa saben que non descarto pór unha permanente en Vigo para facerlle a competencia ao London Eye“, aseverou.

En todo caso, e á marxe do acto “cargado de simbolismo” da colocación da iluminación “do mellor Nadal do mundo“, Abel Caballero subliñou que, debido ao actual contexto de crise sanitaria, “vai haber cambios”, e anunciou un protocolo “moi rigoroso” con medidas de prevención para garantir a seguridade e evitar contaxios, e adaptado a diferentes posibles escenarios en función da evolución da pandemia.

PROTOCOLO “MOI RIGOROSO”

Así, aínda que non entrou en detalles, o alcalde de Vigo avanzou que se establecerán aforamentos nas rúas do centro, sen especificar como se van a controlar eses aforamentos; e sinalou que a gran árbore luminosa que, ata agora, se colocaba na Porta do Sol, trasladarase á rúa Policarpo Sanz, que conta con maior espazo.

Do mesmo xeito, confirmou que se repartirán as atraccións e decoración por diferentes zonas da cidade, e implantaranse “medidas moito máis estritas” que as normas xerais ditadas polas administracións. “Xa o fixemos nas praias, nas que hai seguridade ao cento por cento”, incidiu.

 

ÚLTIMAS

Axentes interveñen nunha pelexa entre pais tras unha discusión dos seus fillos

Axentes da Policía Local, con apoio de efectivos da Policía Nacional, interviñeron nunha pelexa...

Un acertante de ‘A Primitiva’ gana máis de 1,2 millóns de euros en Vigo

O dono dun boleto de 'La Primitiva' validado en Vigo percibirá máis de 1,2 millóns...

Detido un veciño de Nigrán tras supostamente agredir á súa parella por non facerlle a cea

Un home, de Nigrán e 44 anos de idade, foi detido na noite deste...

Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: “Teresa somos todas”

Preto dunhas 200 persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir un...