InicioSociedadeO Concello de Vigo inicia xa a instalación "das mellores luces de...

O Concello de Vigo inicia xa a instalación “das mellores luces de Nadal do mundo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciará este mércores a instalación da iluminación do Nadal, catro meses antes desa tempada festiva e un mes antes que o Nadal do ano pasado, segundo avanzou en rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero.

O alcalde explicou que o adianto nos traballos de instalación débese ás actuais circunstancias marcadas pola pandemia de COVID-19, que obrigan a que as tarefas se fagan de forma máis lenta (para garantir a seguridade e o cumprimento das medidas preventivas).

Así, o inicio da instalación da iluminación terá lugar este mércores e, ao mediodía, o rexedor convocou aos medios para dar máis detalles acerca da colocación de “as mellores luces de Nadal do mundo”, os lugares onde se situarán, e os posibles efectos da pandemia na campaña do Nadal viguesa, na que a iluminación e a decoración da cidade exercen como gran polo de atracción do turismo.

Por outra banda, Abel Caballero referiuse tamén na rolda de prensa deste mércores aos datos de ocupación de establecementos hoteleiros en Vigo durante este verán, e asegurou que esa ocupación alcanzou o 70 % na semana do 10 ao 16 de agosto (dous puntos máis que na semana anterior), mesmo a pesar de que o tempo non acompañou durante o fin de semana.

O alcalde celebrou que a ocupación turística na cidade está a ser “significativa”, aínda a pesar da pandemia, e de que se suspenderon ou aprazado eventos festivos, entre eles o festival O Marisquiño.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...