InicioMedio Ambiente e PatrimonioA UVigo participa nunha novidosa investigación sobre usos terapéuticos dos lodos termais

A UVigo participa nunha novidosa investigación sobre usos terapéuticos dos lodos termais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Balneario El Raposo, situado na localidade pacense de Puebla de Sancho Pérez, iniciou a segunda fase do seu proxecto de investigación médica –no que participa a Universidade de Vigo– sobre o uso terapéutico dos seus peloides ou lodos termais e a súa aplicación para a mellora de certas patoloxías dexenerativas do aparello locomotor.

Este proxecto desenvólvese xunto á Universidade de Vigo (UVigo) e a de Estremadura e busca crear un novo lodo termal, ao que se lle vai engadir un novo composto BIO, procedente das plantas medicinais que crecen nos campos de cultivo do propio balneario.

Desta forma, este peloide termal terá como obxectivo mellorar o estado de saúde dos clientes que cheguen ao balneario e ser máis eficaz nos tratamentos prescritos do aparello locomotor, informou o establecemento en nota de prensa.

O director xeral de Balneario El Rapaso, Ignacio Cortés, destacou a importancia desta liña investigadora, que seguirá traballando na senda marcada no V Congreso Iberoamericano de Peloides de 2017 para desenvolver esta segunda fase.

Estes lodos naturais nacen no curso dun arroio próximo ao balneario, decantándose nos tanques de maduración onde se recubren de auga mineira-medicinal á súa temperatura natural e onde quedan expostos ás radiacións solares de 5 a 8 meses.

Neste período prodúcense os procesos de oxidación, redución e fermentación para crear a súa peculiar composición e propiedades terapéuticas, sendo un dos poucos balnearios en España e o único de Estremadura que contan cos devanditos lodos naturais.

ÚLTIMAS

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...