InicioSociedadeA Xunta actualizará o seu protocolo da volta ao cole sobre a...

A Xunta actualizará o seu protocolo da volta ao cole sobre a marcha “cando sexa necesario”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou que o seu departamento traballa para un inicio do curso seguro, con todas as garantías sanitarias e dentro da máxima normalidade posible dentro do contexto actual da COVID-19.

Así se pronunciou durante unha visita ás instalacións do CEIP San Tomé de Cambados, onde incidiu na necesidade de ir vendo a evolución día a día, así como atender ás decisións das autoridades sanitarias.

A titular de Educación comprobou este xoves ‘in situ’ o plan organizativo que leva a cabo o equipo deste colexio de acordo co Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de educación non universitaria de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas consellerías de Educación e Sanidade.

Precisamente, Carmen Pomar lembrou que o propio protocolo xa especifica que todas as medidas no recollidas poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais.

Por tanto, indicou que as medidas se irán actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren e sempre seguindo as indicciones das autoridades sanitarias.

Así mesmo, dixo que, como medida de reforzo de espazos e persoal docente, “o sistema público galego contará con 158 unidades (grupos de clase) máis nas etapas de Infantil, Primaria e ESO, así como con 240 profesores que se incorporarán a partir de setembro”. De feito, unha desas novas unidades que se habilitan será para o CEIO San Tomé, que o próximo curso contará cunha aula máis en terceiro de Primaria.

Un anuncio que non foi compartido pola CIG que fala de “propaganda” o que realmente é o trámite anual de establecemento e reordenación de ratios nas aulas.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...