InicioSociedadeDende mañá, prohibido fumar en terrazas e espazos públicos se non hai...

Dende mañá, prohibido fumar en terrazas e espazos públicos se non hai distancia de seguridade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité clínico de expertos en materia de prevención da COVID-19 abordou na súa reunión deste mércores a posibilidade de prohibir fumar mentres se camiña pola rúa ou se está en espazos públicos permitidos –como terrazas– se non se garante a distancia de seguridade. Así o explicou, durante unha rolda de prensa posterior ao encontro, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que detallou que os expertos consideran o fume do tabaco “un factor de difusión” do virus.

“Os membros do comité coinciden en que fumar sen limitación nunha terraza con persoas próximas ou en zonas sen distancia é un risco alto de infección”, dixo Núñez Feijóo, que aposta por “prohibir fumar nas rúas ou en lugares públicos nos que a distancia non é posible”, así como “cando se estea en tránsito ou en movemento”.

Por iso, na orde que se publicará no Diario Oficial de Galicia na tarde deste mércores, avanzou o presidente, incluirase unha medida deste tipo, que se concretará tras as consultas pertinentes e que afectará a toda Galicia a partir da medianoite. “O lóxico é non poder fumar”, finalizou Núñez Feijóo.

Do mesmo xeito, na orde do DOG tamén se precisará se, finalmente, se amplía a máis concellos a orde de peche do lecer nocturno, que, actualmente, afecta a nove municipios da comarca da Coruña: A Coruña cidade, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Carral, Abegondo e Bergondo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...