InicioSociedadeSoben os casos de Covid na área de Vigo ata os 64

Soben os casos de Covid na área de Vigo ata os 64

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Vigo levan días aumentando. Tras o foco familiar detectado durante a fin de semana os casos nesta área sanitaria son 64, cun novo contaxio contabilizado este luns.

De feito, Galicia aumenta en 38 e sitúase en 359 –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago onde hai un menos que este domingo–, dos que 143 corresponden á área da Coruña.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos 15 permanecen en unidades de hospitalización convencional –tres máis que este domingo– e un na UCI, mentres que 343 atópanse en seguimento domiciliario –35 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 359 casos positivos, 143 corresponden á área da Coruña e Cee –25 máis que este domingo–; 71 á de Lugo –un máis–; 64 á de Vigo –un máis–, 28 á de Pontevedra e O Salnés –tres máis–; 26 á de Ourense –oito máis–; 24 á de Santiago –un menos– e tres á de Ferrol –un máis–.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 254.374 fronte ás 253.196 contabilizadas ata este domingo, apuntou Sanidade.

RESIDENCIAS

Do total de casos rexistrados en Galicia hai dous vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponden a dous traballadores, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

En concreto, segundo os datos actualizados este luns, os positivos detectados en residencias corresponden a un traballador da Residencia de Maiores de Paradela e dunha empregada da Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove, ambas en Lugo.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...