InicioSociedadeSoben os casos activos na área de Vigo tras os novos focos...

Soben os casos activos na área de Vigo tras os novos focos detectados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras semanas de baixadas de positivos na área de Vigo, nos últimos días tivo lugar unha repunta debido aos numerosos focos –xa son catro– que houbo na zona. Deste xeito, os casos de contaxios en toda a área sanitaria son de 50.

Tamén os casos activos de COVID-19 en Galicia experimentaron un ascenso por sexto día consecutivo, ao rexistrarse sete novos positivos que sitúan o total en 249, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

O maior incremento prodúcese na área sanitaria da Coruña, onde hai oito novos positivos, ata os 71. Pola súa banda, detectouse un novo positivo na área Santiago, que suma 21; e outro na de Ferrol, onde o martes se deu a coñecer o caso dun positivo en Cedeira tras nove días sen que se rexistrase ningunha nesta zona.

Ademais, na área sanitaria de Lugo –na que se inclúe o brote da Mariña– descenden en cinco os casos, ata os 80; mentres que na de Ourense baixan nun, ata o seis. Pola súa banda, na de Pontevedra mantéñense en 20.

De acordo coa información da Consellería de Sanidade, do total de pacientes positivos, hai un na UCI e 8 atópanse en unidades de hospitalización –un menos que o martes–.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...