InicioSociedadeO novo centro de saúde de Salceda de Caselas iniciará a súa...

O novo centro de saúde de Salceda de Caselas iniciará a súa actividade o luns

Unha vez pasado o verán, incorporarase un novo médico de familia e unha enfermeira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo centro de saúde de Salceda de Caselas (Pontevedra) iniciará a súa actividade o vindeiro luns, unha vez terminada a obra e efectuado o traslado, segundo confirmou o Sergas.

Esta nova infraestrutura sanitaria, que substitúe ao antigo centro de saúde (do que triplica a súa superficie), contou cun investimento de case 1,7 millóns de euros e disporá de 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermaría, unha consulta polivalente, 2 consultas de pediatría, unha sala de extraccións, unha consulta de enfermaría pediátrica, consulta de matrona, unha sala de educación grupal, sala de xuntas e outros espazos con servizos comúns.

Ademais, segundo subliñou Sanidade, o novo centro de saúde “permitirá” a dotación de máis persoal e avanzou que, unha vez pasado o verán, incorporarase un novo médico de familia e unha enfermeira.

Na actualidade, o municipio de Salceda de Caselas conta con 7.822 cartóns sanitarios adscritos, dos que 1.302 correspóndense con pacientes en idade pediátrica.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...