InicioSociedadeO Concello de Vigo abrirá desde este sábado os parques infantís, con...

O Concello de Vigo abrirá desde este sábado os parques infantís, con horario de 10 a 22 horas e vixiantes

A partir do domingo abriranse tamén, co mesmo horario, os 68 parques biosaudables e, xa o luns, as 95 pistas deportivas ao aire libre.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abrirá, a partir deste sábado, os 142 parques infantís da cidade, con horario de 10,00 a 22,00 horas, e cun servizo de vixiantes que “rotarán” por varios espazos para controlar o aforamento das instalacións.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, quen volveu subliñar que a apertura non se produciu antes porque a Xunta “non avisou” con antelación para telo todo preparado. Segundo explicou, a apertura dos parques infantís producirase desde o sábado desde as 10 ás 22 horas, e serán desinfectados a partir desa hora.

Por outra banda, o Concello contratou por 356.000 euros un servizo de 7 vixiantes durante 3 meses para (con apoio da Policía Local) controlar o aforamento. No caso de que este se supere, os vixiantes están facultados para pechar os parques e impedir que entren máis nenos, e non se descarta ampliar os efectivos dese servizo de vixilancia.

A partir do domingo abriranse tamén, co mesmo horario, os 68 parques biosaudables e, xa o luns, as 95 pistas deportivas ao aire libre. Así mesmo, o Concello contratou un servizo de desinfección dos aseos da praia de Samil.

O alcalde avanzou tamén a reapertura do edificio principal de Vigozoo (con uso obrigatorio de máscara, sentidos únicos de circulación para os visitantes, distancia social,…) e a continuación dos mercados: este domingo o de Bouzas e o vindeiro mércores o de Coia.

Finalmente, anunciou que, desde o martes 23 de xuño, a Praza de Compostela será espazo peonil permanente. Así, o tráfico quedará restrinxido a residentes e garaxes, e a transporte público.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...